Valdoviño comeza a implantar o plan de control de aforos e accesos ás praias
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá o plan de actuación en materia de control de aforos e acceso ás praias da localidade deseñado polo goberno municipal. Un plan no que se leva traballando semanas de forma coordinada coa Policía Local e que onte o rexidor trasladaba aos grupos municipais en Xunta de Portavoces. Aínda que entrará en vigor escalonadamente nas vindeiras semanas, esta última fin de semana xa se aplicaba algunha das súas medidas na Frouxeira, como a prohibición de estacionar en terreos cedidos provisionalmente ao Concello por parte de particulares e, no día de hoxe, comezarán traballos de sinalización horizontal e vertical restrinxindo o aparcamento en viais de acceso aos areais.
Pero, en que consiste o plan de actuación? Alberto González explica que, fundamentalmente, se regularán aforos e accesos limitando o estacionamento que dá servizo ás praias e fortalecerase o servizo de transporte público para facilitar os desprazamentos aos areais por parte dos veciños e veciñas da comarca. Para iso, o Concello elaborou un estudo previo sobre a capacidade de cada un dos areais atendendo a:
-Dimensións das praias para dar cumprimento á orde ministerial que establece unha reserva de superficie de 4 metros cadrados por persoa.
-Número de accesos de cada praia.
-Número de prazas de aparcamento.
PARROQUIA |
PLAYA |
M CUADRADOS |
AFORO |
ACCESOS |
EMPADRONADOS |
VIVIENDAS |
RESIDENTES |
ALOJAMIENTOS TURÍSTICOS |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MEIRÁS |
CAMPELO |
600 |
150 |
1 |
|
|
|
|
|
|
O RÍO |
8000 |
2000 |
4 |
|
|
|
|
|
|
MOURILLÁ |
3600 |
900 |
1 |
|
|
|
|
|
|
CRISTINA |
32000 |
8000 |
2 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1335 |
891 |
800 |
300 |
2435 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
LAGO |
OUTEIRO |
43000 |
10750 |
1 |
1097 |
731 |
300 |
50 |
1447 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VALDOVIÑO |
FROUXEIRA |
15000 |
3750 |
8 |
2311 |
1354 |
1000 |
850 |
4161 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PANTÍN |
O RODO |
32000 |
8000 |
3 |
|
|
|
|
|
|
BALEO |
3300 |
825 |
1 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
570 |
537 |
300 |
40 |
910 |
VILARRUBE |
VILARRUBE |
31000 |
7750 |
2 |
308 |
291 |
200 |
30 |
538 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
-Número de persoas empadroadas na área de influencia das praias.
-Número de vivendas nestas zonas.
-Número de residentes de segunda vivenda.
-Número de aloxamentos turísticos.
-Previsión de afluencia de visitantes usuarios/as do transporte público.
Atendendo aos resultados desta análise, constatouse que as maiores aglomeracións podíasen rexistrar en 3 areais: Campelo, O Río e A Frouxeira -segmentada no plan en tres franxas segundo a parroquia (Valdoviño, Lago (Outeiro) e Meirás (A Cristina)).
Así mesmo, calculáronse as necesidades de estacionamento reservado para colectivos directamente vencellados ás praias (residentes, traballadores como mariscadores, socorristas, negocios de hostalería ou escolas de surf).
Neste contexto, o alcalde apunta que o plan de actuación contempla a limitación das prazas de estacionamento, establecendo a prohibición de aparcar en viais de acceso ás praias (cuestión que doutra banda tamén obstaculiza a mobilidade e a circulación de vehículos esenciais como ambulancias), así como en aparcamentos privados cedidos ata o dagora á Administración local.
Alberto González apuntou que, no caso de Meirás, o goberno local xa se puxo en contacto coa cooperativa para xestionar a cesión de terreos próximos ao campo de fútbol municipal de modo que se poidan destinar a aparcamento. Colaboración que agradeceu expresamente, xa que as actuais obras que o Concello leva a cabo na zona para reordenar a mobilidade suprimirán prazas.
Ademais, o Concello xa solicitou á Garda Civil a súa colaboración para a posta en marcha do plan de actuación e farao tamén á Unidade Adscrita da Policía Autonómica -máxime tendo en conta que a maior parte das praias se atopan na área de influencia da Rede Natura-. Protección Civil tamén regresará ás praias, tras anos de ausencia, para prestar apoio ás labores e, loxicamente, a Policía Local estará ao frente das actuacións. Así mesmo, o Concello está a valorar a contratación de persoal externo para sumarse ás tarefas de control dos accesos.
Co ánimo de fortalecer os desprazamentos en autocar por parte dos veciños e veciñas da comarca, o goberno local está a traballar coa Xefatura Territorial de Infraestruturas.