O Concello habilita 2 liñas telefónicas de axuda
O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de habilitar os números de teléfono 695 096 198 e 628 711 080 para atender as consultas e necesidades das veciñas e veciños maiores, daqueles persoas que viven soas e daquelas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.
Así, a través destas liñas telefónicas, o Concello tentará solventar as dúbidas que a veciñanza teña en relación ás medidas e restriccións aprobadas para previr a expansión do COVID-19 (coronavirus).
Ademais, e en coordinación coa Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, tentará dar resposta ás necesidades que xurdan no ámbito particular deste colectivo, como a entrega de medicamentos, produtos de primeira necesidade, desprazamentos a centros médicos…
En todo caso, o Concello apela a un uso responsable do servizo para garantir a súa eficacia en beneficio daqueles que máis o precisan.