Selección dunha praza de persoal técnico para a atención do Océano Surf Museo
Estas bases teñen por obxecto a contratación dun técnico para a atención do “Océano Surf Museo” do Concello de Valdoviño na modalidade de funcionario/a interino/a e elaboración dunha bolsa de emprego, durante un máximo de dous anos, ante a posible convocatoria de programas subvencionados o ano que ven, , vinculada á subvención concedida pola Deputación Provincial a través do Programa F0216/2019 de subvencións dirigido a los concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación, durante o ano 2019.
As funcións a desempeñar serán as encomendadas aos museos e centros na Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galicia. Entre outras, a organización e catalogación da colección, a selección de pezas para exposición, a elaboración do discurso expositivo, a xestión dos préstamos ou depósitos en condicións de conservación e seguridade e a dinamización e relación do museo ou centro co seu contexto territorial e social.
3 días hábiles, contados dende o seguinte hábil ao da publicación de anuncio da convocatoria no BOP.