Selección de Técnico Deportivo
Estas bases teñen por obxecto a contratación dun técnico-deportivo na modalidade de funcionario/a interino/a e elaboración dunha bolsa de emprego, durante un máximo de dous anos, ante a posible convocatoria de programas subvencionados o ano que ven, coa finalidade de promocionar e difundir as diferentes actividades relacionadas co deporte entre a poboación de Valdoviño e os visitantes, vinculada á subvención concedida pola Deputación Provincial a través do Programa F0106/2019 de subvencións dirigido a los concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico-deportivo durante o ano 2019.
As funcións a desempeñar serán, en xeral, as seguintes:
- Control do funcionamento, matrículas, asistencia e pagamentos do alumnado das escolas deportivas municipais que están a funcionar no presente curso: escola de tiro con arco, escola de tenis e aula de ioga.
- Apoio á posta en marcha de actividades previstas para a primavera/verán do ano 2019 con control de alumnado, matrículas pagamentos e difusión da actividade: escola de vela e piragüismo e actividades nas que apoiar na piscina municipal.
- Realizar unha análise da realidade que permita coñecer os intereses da poboación para a creación doutras esoclas depotivas municipais destinadas a público infantil, xuvenil e/ou adulto con previsión de inicio a partir do mes de outubro de 2019 cunha duración dun curso escolar.
- Responsabilizarase como técnico/a deportivo/a da execución da actividade dalgunha das escolas deportivas propostas.
- Desempeñar un programa deportivo para os meses de verán enfocado á actividade lúdica e contemplando a maior franxa de idade posible coa posibilidade de deseñar maratóns e competicións de diversa natureza.
- Realizar as xestións coa Deputación Provincial para a “Campaña de Neve” e os “Campamentos deportivos” (difusión do programa, solicitudes, tramitación de matrículas...).
- Tramitar calesquera outras subvencións que poidan convocarse relacionadas coa área de deportes.
- Manter relación ecomunicación coas entidades deportivas municipais e clubes locais para tentar conseguir a maior colaboración posible e coordinar actividades en común.
- Colaborar na medida que se lle indique na difusión e xestión de eventos deportivos municipais: Pantin Classic, Campionatos de Tiro con Arco, competicións de fútbol...
- Calesquera outra actividade relacionada coa área de deportes e que pidan ser competencia dun Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas que lle sexan indicadas polo concelleiro de área ou alcaldía. As actividades realizadas polo persoal técnico deportivo circunscribiranse nas sete parroquias do municipio co obxectivo de impartir as actividades deportivas en todas as áreas do municipio e non só no centro do municipio senón que o obxectivo é que toda a pobación do concello poida asistir ás actividades deportivas municipais subvencionadas pola Excma. Deputación Provincial da Coruña.
5 días naturais, contados dende o seguinte hábil ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP