Subvencións de colaboración con entidades no Concello na realización de actividades
Data de inicio da convocatoria:
Martes, 23 Octubre, 2018
Obxecto:
É obxecto da presente convocatoria a concesión de subvencións para colaborar coas entidades sen ánimo de lucro sitas no concello na realización de actividades culturais/sociais e divulgativas para o fomento da cultura popular con cargo á aplicación orzamentaria 334.48900 por un importe total de 11.000 euros.
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actividades:
- A organización de actividades relacionadas co achegamento á comunidade das artes plásticas, literatura e teatro, música, divulgación das ciencias e demais manifestacións culturais e artísticas.
- A organización de actividades de animación tendentes a fomentar a participación e creatividade e o mantemento das tradicións locais.
- A organización de actividades de dinamización social tendentes a fomentar a participación da cidadanía na vida social do concello.
- Os gastos directamente relacionados coa actividade ou co obxecto social da asociación solicitante.
Fase de tramitación:
Resuelto
Prazo de solicitude/presentación:
Un (1) mes, contado desde o día seguinte a publicación do extracto da convocatoria no BOP.
Páxina:
Asociaciones