Contratación dunha praza para atención do “Océano Surf Museo”
A presente convocatoria ten por obxecto a contratación mediante concurso de méritos, de persoal laboral temporal para unha praza de persoal técnico para a atención do “OCÉANO SURF MUSEO” do Concello de Valdoviño, nos termos e condicións salientados na Resolución do 06.06.2018, da Presidencia da Deputación Provincial de A Coruña, publicada no BOP do 08.06.2018, (Programa FO216: Convocatoria do progarama de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación, durante o ano 2018).
As retribucións brutas en cómputo mensual serán de 1260 €, por todos os conceptos retributivos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
A xornada de traballo será de 40 horas semanais.
No prazo de 10 días naturais, a contar do seguinte do anuncio no BOP (31/07/2018)