Contratación de dous socorristas
Mediante decreto de Alcaldía nº 259/2016, de 22 de xuño, aprobouse a convocatoria e as bases para contratación laboral temporal de 2 socorristas ao abeiro de subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria: Subvencións para contratación de traballadores desempregados en colaboración coas Entidades Locais.
Denominación servizo: Servizos relacionados con protección civil e a seguridade das persoas e bens, proxecto de salvamento e socorrismo.
Cursada polo Concello oferta de Emprego Público ante o Servizo Galego de Colocación; quen remite os candidatos.
Bases expostas no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.
Valdoviño, 23 de xuño de 2016.
O Alcalde,
Asdo.: Alberto González Fernández.