O Pantín Classic declarado festa de interese turístico de Galicia
O DOG deste xoves publica a seguinte resolución:
RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2016, polo que se declara festa de interese turístico de Galicia o Pantín Classic Galicia Pro (A Coruña).
En cumprimento do disposto no artigo 18 do Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, a Dirección da Axencia Turismo de Galicia dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo adoptado polo Consello da Xunta na súa reunión do 19 de maio de 2016, que a seguir se transcribe:
«Declarar festa de interese turístico de Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, a seguinte:
• Pantín Classic Galicia Pro, que se celebrará durante seis días entre finais de agosto e comezos de setembro no concello de Valdoviño (A Coruña)».
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2016
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia
- Inicie sesión para comentar