Mellora da eficiencia enerxética en iluminación pública no concello de Valdoviño
A adxudicación do servizo de mellora da eficiencia enerxética en iluminación pública do concello de Valdoviño, incluído no Fondo e Compensación Ambiental.
As características do servizo a prestar axustaranse ás condicións que figuran neste Prego e no de prescricións técnicas, que ten carácter contractual. No caso de contradición entre o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o Prego de Prescricións Técnicas, prevalecerá o primeiro.
O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de servizos, tal e como establece o artigo 10 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.