Loira
Parroquia interior do concello, San Pedro de Loira está bordeada polo encoro das Forcadas.
Loira é paso do Camiño de San Andrés de Teixido. Precisamente no seu percorrido atópase a antiga igrexa de San Pedro, unha edificación semiderruída que aínda mantén a cúpula nervada dun gótico tardío.
Poboación (2011): 266 habitantes (138 mulleres e 128 homes).
Festividades: San Pedro (29 de xuño).
Asociacións: A.VV. As Chaves de Loira.
Entidades de poboación: O Calvario, Candaíl, Choupenete, Crecente, Donelle, A Furada, A Igrexa, O Latoal, Loiravella, Lousada, O Malate, Os Martices, O Moimento, Pazos, A Rañoa, Tineo e Vilaboi.