Pantín
Lugar coñecido internacionalmente pola proba do Campionato do Mundo de Surf (Pantín Classic), Pantín conta con praias de estilos diversos: a renomeada do Rodo, a tranquila Porto Carrizo ou as espectaculares e pouco accesibles calas da Rosella ou Graxal.
A maiores da súa costa, a parroquia ten outros lugares de interese como a igrexa de Santiago ou o monte Penedos.
As crónicas lembran que Santiago de Pantín contou con Concello propio hai dous séculos. Tamén din, xa no terreo lendario, que na lagoa da Rega agóchase a cidade de Lucerna. Froito da colmatación, hoxe en día ese espazo é unha xunqueira cunha interesante flora e fauna.
Poboación (2011): 601 habitantes (302 mulleres e 299 homes).
Festividades: Santiago Apóstolo (25 de xullo), San Martiño (11 de novembro).
Asociacións: A.VV. Beiramar de Pantín, [Bad Link]
.
Entidades de poboación: O Ariño, A Barreira, O Bieiteiro, O Cadaval, A Cardosa, Casianes, O Castro, O Cotillón, Covo, Domondó, Fermil, As Ferrerías, Figueredo, Frádegas, O Freixo, A Gabeira, Lagares, A Lagoa, A Laxe, A Loira, Marnela de Abaixo, Marnela de Arriba, A Moreira, O Mouriscal, O Outeiro, A Pedreira, A Pereira, A Ramalleira, O Rodo, San Xiao, O Talieiro, A Teixoeira, As Trabes, A Uceira, Os Veceiros, Villamil, Xavariz e Xestal.