Meirás
San Vicente de Meirás é o segundo gran núcleo de Valdoviño e un dos reclamos turísticos do concello, coas súas praias, os seus cantís ou as vistas panorámicas dende o monte da Vela (ou de Campelo).
Esa situación costeira privilexiada foi aproveitada a finais dos anos vinte para establecer unha batería militar, na que se instalaron dous canóns Vickers United, de 17 metros de lonxitude. Pasados os anos as instalacións defensivas perderon a súa importancia e foron abandonadas.
Entre o patrimonio arquitectónico de Meirás atopamos o faro da Frouxeira, a capela do Porto ou a igrexa de San Vicente.
Na actividade económica e social desta parroquia hai que salientar o papel desempeñado pola Cooperativa de Meirás, entidade fundada en 1918 polo párroco Misael Prieto, co nome inicial de Sindicato Católico Agrario.
Poboación (2011): 1.354 habitantes (677 mulleres e 677 homes).
Festividades: Ascensión (data variable en maio), Virxe do Porto (11 de xullo), Asunción da Virxe (15 de agosto).
Asociacións: A.VV. San Vicente de Meirás, A.VV. Barrio Lavacerido, A.C. Mestura de Meirás, Coral Polifónica Alentía, Meirás Club de Fútbol, Escola de fútbol base Amistade Meirás, A.D. y de Río Os Pedregas.
Entidades de poboación: O Amedo, O Barral, O Canto do Muro, A Capela, O Carballoso, A Chousa, A Cubeta, O Feal, Fornos, O Funchal, A Gándara, A Igrexa, A Lameira, Lavacerido, Montefaro, Padín, As Pallotas, A Pedreira, A Penela, Raiña, Riobó, Taraza e Vilanova.