Posta en marcha da web municipal
Dende este xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas e Día de Internet, o Concello de Valdoviño conta con nova web oficial.
Esta ferramenta permitirá axilizar os trámites, seguir o día a día da administración local ou coñecer os recursos naturais e de lecer de Valdoviño. A páxina, dispoñible en tres idiomas, aumenta a transparencia da institución coa difusión dos datos de retribucións dos concelleiros ou a publicación de orzamentos e actas plenarias.
O Concello tamén vén de abrir contas en Facebook e Twitter, co obxectivo de informar aos veciños e medios de comunicación das últimas novidades, da organización de eventos ou das convocatorias e licitacións públicas.
- Log in to post comments