A área recreativa de Atios acollerá este sábado a función de narración oral e música “Barrococó” de Rilo&Penadique
A área recreativa de Atios será escenario este sábado 18 de xullo da función «Barrococó -un achegamento a Domingo de Andrade». A cita dará comezo ás 21 horas e inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña. As persoas interesadas en participar poden retirar as súas invitacións na Oficina Municipal de Turismo hoxe martes e mércores de 11 a 17 h e o xoves de 11 a 14 horas.
Rilo&Penadique son Vero Rilo e Sonsoles Penadique e, a través desta obra, achegarannos á figura do arquitecto Domingo Antonio de Andrade, homenaxeado do Día das Artes Galegas 2020. «Barrococó» é unha proposta musical e narrativa pensada para sensibilizar ao público infantil e ás familias sobre a Arquitectura Barroca a través da experiencia sensorial da narración, a música e a vivencia da propia arquitectura.