Error message

  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls in menu_set_active_trail() (line 2375 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/menu.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters in drupal_get_feeds() (line 385 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int in element_children() (line 6283 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).

Arrancan as obras de construción do aparcadoiro e campo de fútbol de herba artificial e mellora de viais en Meirás

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá o inicio das obras de construción do aparcadoiro disuasorio na contorna do campo de fútbol de Meirás. Será nos terreos cedidos polos/as veciños/as da parroquia e nos viais municipais. Unha intervención que tamén contempla traballos de reordenación e mellora da accesibilidade ás praias de Punta Frouxeira e a construción dun campo de fútbol de herba artificial anexo ao terreo de xogo actual. A actuación conta cun investimento de 316.703,11 euros, que financian conxuntamente Deputación e Concello cun prazo de execución de seis meses.
 
A declaración do estado de alarma motivou un retraso no inicio da intervención, que permitirá pór fin ao estacionamento desordenado no lugar e recuperar un espazo natural de alto valor ecolóxico. En tanto en canto non conclúan os traballos, o Concello chegou a un acordo coa cooperativa de Meirás para a cesión duns terreos que permitirán facilitar un estacionamento provisional aos/as usuarios/as das praias da contorna. Un xesto que o alcalde agradecía especialmente.
 
Coas obras previstas, Alberto González sinala que o Concello busca ordear e mellorar a accesibilidade aos espazos naturais conformados polas praias de Mourillá, Frouxeira e O Portiño, actuando sobre os camiños municipais existentes no entorno do equipamento do campo de fútbol. Tamén, dotar a este entorno dunha zona de aparcamento disuasorio que favoreza o equilibrio e mellor uso da zona, reorganizando o espazo de estacionamento existente nos arredores do campo de Meirás. E, finalmente, acondicionar o espazo anexo existente como unha zona de ocio para a práctica de actividades e deportes relacionados coa natureza.
 
Trátase deste xeito de facilitar o acceso aos areais e á zona de ocio impedindo a invasión do dominio público marítimo terrestre por parte dos vehículos e organizar o tránsito peatonal.
 
En base a isto, prevese a construción de beirarrúas perimetrais de dimensións suficientes para o tránsito de peóns, sen obviar a aqueles con mobilidade reducida. Tamén a pavimentación dos viais, diferenciando a zona de estacionamento, habilitar pasos de peóns a nivel e prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional. Así mesmo, acondicionarase o actual campo da festa como un espazo multiocio para a práctica de actividades ao aire libre. Precisamente, nesta zona situarase unha instalación multideportiva de céspede sintético cunhas dimensións de 94x57 metros e sistema de rego.