Error message

  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls in menu_set_active_trail() (line 2375 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/menu.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters in drupal_get_feeds() (line 385 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int in element_children() (line 6283 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).

A veciñanza xa pode pedir a súa futura conexión á rede de saneamento e abastecemento proxectada en Lago, Meirás e Valdoviño

O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga en diferentes puntos da parroquia de Meirás e Valdoviño e a de saneamento en Lago comezarán nos vindeiros días cun orzamento de 162.790 euros. Con esa previsión, o alcalde, Alberto González, apuntou que os/as veciños/as interesados en contar con estes servizos xa poden solicitar a súa futura alta en Viaqua. Pode facerse presencialmente con cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 201 230 ou a través da súa web: www.viaqua.gal.
 
As obras, que levará a cabo a empresa Excavaciones Saavedra, son:
 
1. Ampliación da rede de abastecemento de auga en Bacorelle (Valdoviño). Contémplase a canalización de 790 metros de tubería de polietileno de 90 mm. de diámetro e 10 atm. de presión, coa correspondente valvulería e arquetas de aloxamento, previa escavación de zanxa, posterior recheo compactado da mesma e reposición do firme afectado pola execución das obras, semellante ao existente.    
 
2. Abastecemento de auga nas Campeiras (Valdoviño). Como no caso anterior, a canalización afectará a 190 metros de tubería.    
 
3. Abastecemento de auga a Chamorro (Valdoviño). Como nos casos anteriores, pero cunha canalización de tubería de 690 metros.  
 
4. Abastecemento de auga en As Lamelas (Meirás). Neste caso, a canalización será de 1.270 metros de tubería en dous tramos de 490 e 780 metros e, a maiores, a execución de 60 metros de cuneta revestida de formigón.  
 
5. Ampliación de abastecemento en Portomaior (Valdoviño). Canalizaranse 60 metros de tubería.  
6. Ampliación da rede de abastecemento de auga a Mourente e Penela (Valdoviño). Neste caso, 1.560 metros de tubería en cinco tramos de 500, 80, 480, 100 e 400 metros.    
 
7. Ampliación do abastecemento de auga en Taraza (Meirás). Canalizaranse 160 metros.   
 
8. Ampliación da rede de saneamento en Outeiro (Lago). Canalizaranse tres tramos de 220, 60 e 290 metros, 570 metros en suma, de tubería de PVC de 315 mm. de diámetro e execución de 15 pozos de rexistro en calzada, previa excavación de zanxa, posterior recheo compactado da mesma e reposición do pavimento afectado pola execución das obras. Preténdese así mesmo a pavimentación de dous accesos. O primeiro, con zahorra e formigón e, o segundo, con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma previa reparación de baches.    
 
9. Ampliación da rede de saneamento na Torre (Lago). Neste caso, as obras contemplan a canalización de 150 metros de tubería de PVC de 315 mm. de diámetro e execución de 5 pozos de rexistro en calzada, previa excavación de zanxa, posterior recheo compactado da mesma e reposición do pavimento afectado pola execución das obras, semellante ao existente.