Error message

  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls in menu_set_active_trail() (line 2375 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/menu.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters in drupal_get_feeds() (line 385 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int in element_children() (line 6283 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).

Novo paso adiante no proxecto de mellora da estrada Cedeira-Valdoviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá dun novo avance para materializar o proxecto de mellora da estrada de Cedeira ao seu paso por Valdoviño, que impulsan os dous concellos da man da Xunta de Galicia cun investimento de 4,6 millóns de euros, incluído o pagamento das expropiacións dos 136 predios necesarios para esta actuación.
 
Seguindo o calendario, o seguinte paso darase os días 18 e 19 de xuño, de 10 a 14 horas na Casa da Cultura, cando se realice o levantamento de actas previas. Así mesmo, o 6 e 7 de agosto, no mesmo escenario e horario, levarase a cabo a formalización de actas de ocupación.
 
As obras, en contratación, afectarán a catro quilómetros da estrada AC-566, no treito Valdoviño-Cedeira, entre os puntos quilométricos 13+100 e 17+070.
 
Máis en detalle, a actuación iniciarase no punto quilométrico 13+100, unha vez superado o núcleo de Valdoviño, e ao longo dos dous primeiros quilómetros prevese realizar unha mellora do trazado existente. Para iso, incrementarase a plataforma mediante a inclusión de carrís adicionais para adiantamento seguro entre os puntos quilométricos 0+100 e 0+810 en sentido directo e dos puntos quilométricos 1+150 ao 1+625 en sentido inverso. Entre os puntos quilométricos 1+919 e 2+535 mantense o trazado existente coa finalidade de minimizar as afeccións á canteira e á valgada que conforma este subtreito. Tamén se rectificará a curva existente a carón da canteira sita no punto quilométrico 1+800. A intervención continuará entre os puntos quilométricos 2+535 e 3+635, onde se acometerá unha mellora do trazado mediante a rectificación das curvas existentes a ampliación de raios a un valor mínimo de 130 metros. Tamén se engadirá un carril adicional en sentido inverso entre os puntos quilométricos 2+900 e 3+600.
 
A continuación, ata o punto quilométrico 3+970 mantense o trazado actual, xa que nesta zona existen numerosas edificacións en ambas as marxes do treito.
 
Deste xeito, as actuacións permitirán o ensanche e reforzo de firme da estrada actualmente existente nun total de 2,11 km, así como a rectificación de curvas e o aumento da sección con carril adicional de circulación de 1,86 km da vía. Finalmente, instalaranse refuxios novos nas paraxes de autobús.