Os traballos realizados na antena do Coval ampliarán o alcance do sinal de televisión, telefonía e Internet
A instancias do Concello, Movistar completaba no día de onte os traballos eléctricos na antena municipal do Coval, necesarios para mellorar as comunicacións no municipio e, nomeadamente, evitar os problemas de recepción do sinal en zonas de Loira, Pantín, Vilaboa e Vilarrube.
Os traballos estaban xa contemplados no marco do convenio de colaboración entre o Concello e Naturgy, empresa concesionaria do parque eólico onde se sitúa a antena municipal. A excepcional situación que estamos a vivir e a necesidade máis que nunca de contar cunhas comunicacións adecuadas para garantir servizos tan básicos como a telesistencia levou ao Concello a entablar conversas con ambas empresas para acelerar a realización dos traballos.
Así, unha vez concluídos, ampliarase a cobertura das instalacións do Coval e o alcance da sinal de televisión, telefonía e Internet.