O Concello repartirá entre a veciñanza 35 entradas para asistir ao encontro entre o RC Deportivo e o CD Tenerife
O Concello de Valdoviño repartirá gratuitamente entre os veciños e veciñas 35 entradas para o partido que este sábado 2 de febreiro enfrontará ao RC Deportivo e ao CD Tenerife a partir das 20,30 horas no estadio de Riazor. Así o confirmaba hoxe mesmo a Deputación da Coruña, que cede as entradas ao Concello.
Entregaranse un máximo de 2 entradas por persoa e as persoas interesadas deberán solicitalo mañá venres, 1 de febreiro, na oficina municipal de Deportes, na última planta da casa consistorial, entre as 12,30 e as 14 h. Deberá presentarse o DNI para confirmar a residencia en Valdoviño e a entrega farase por orde de chegada.