Participación veciñal no PXOM
O Concello de Valdoviño quere contar coa participación de toda a veciñanza na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM). Con este obxecto ábrese un período de recepción de suxestións.
Os veciños poderán enviar os seus comentarios durante un prazo dun mes, acabado o cal o equipo redactor do Plan estudiará as propostas presentadas e incorporará no documento aquelas que se consideren viables. É importante subliñar que se trata dun período de propostas de mellora do PXOM, non de alegacións particulares, fase que terá o seu tempo máis adiante.
Os planos, que tamén estarán expostos na Casa da Cultura, adxúntanse nos arquivos situados a continuación, así como a folla de suxestións tipo, que se debe presentar na Casa do Concello ou na de Cultura.
- Log in to post comments