Ángeles Álvarez Robles inaugura a súa exposición “Marinas” este venres en Valdoviño

O acto, na Casa da Cultura, terá lugar ás 19:00 horas

Valdoviño, 8 de marzo do 2023. A pintora Ángeles Álvarez Robles inaugurará este venres a programación cultural do mes de marzo en Valdoviño coa súa exposición «Marinas». Unha mostra de pinturas ao óleo que este venres ás 19 horas presentará ao público na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura. Un acto aberto á veciñanza. 

A partir de entón, poderá visitarse de luns a venres de 11 a 14 e de 16 a 19 horas ata o 31 de marzo.