Álex Rojo, campión absoluto da VI edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño
Preto dun centenar de deportistas participaron na cita
Valdoviño, 17 de abril do 2023. Álex Rojo conquistaba na categoría absoluta a VI edición do Open de Tenis de Valdoviño celebrado esta fin de semana no noso municipio. Facíao tras superar nunha emocionante final a Gael Pita, subcampión do torneo organizado polo Concello de Valdoviño en colaboración coa Escola de Tenis Justo al Revés. No torneo, e nas diferentes categorías, tomaban parte preto dun centenar de deportistas, que volveron a demostrar no pavillón municipal do Longoiro un altísimo nivel na competición. Aquí vos deixamos o cadro de resultados:
PREBENXAMÍN CONSOLACIÓN
Campión: Mateo Darriba
Subcampión: Antón Ares
CATEGORÍA LARANXA CONSOLACIÓN
Campiona: Nicole Arangunde
Subcampiona: Lola González
CATEGORÍA VERDE CONSOLACIÓN
Campión: Sergio Díaz
Subcampión: Héctor Cabal
ABSOLUTO CONSOLACIÓN
Campión: Bruno del Río
Subcampión: Miguel Fidalgo
VETERÁNS CONSOLACIÓN
Campión: Iván López
Subcampión: Miguel Angel Riola
PREBENXAMÍN
Campión: Alejandro Arangunde
Subcampiona: Laura Piñeiro
CATEGORÍA LARANXA
Campiona: Elena Nicolás Durand
Subcampión: Adrián Sánchez
CATEGORÍA VERDE
Campión: Lucas Roca
Subcampión: Leo Riola
ABSOLUTO
Campión: Alex Rojo
Subcampión: Gael Pita
VETERÁNS
Campión: Marcial Díaz
Subcampión: Antonio Manuel Núñez