Alberto López, presidente da Asociación Rodaballo, medalla de bronce coa selección española no Mundial de Salmónidos

Destacada participación do deportista local co combinado español na competición celebrada na República Checa

Valdoviño, 11 de outubro de 2021. Como integrante da selección española, o presidente da Asociación Deportiva Rodaballo de Valdoviño, Alberto López Redondo, vén de colgarse a medalla de bronce no VI Campionato do Mundo de Salmónidos Mosca Masters. Unha competición disputada na República Checa, onde o combinado español, tras meses de inactividade forzada pola covid-19, firmou unha gran participación. A checa, selección anfitriona, alzábase co trunfo, con Italia ocupando a segunda praza e, España, a terceira.

A competición disputouse ao longo de dous días, a catro mangas de tres horas, tres en río e unha en lagoa. As capturas válidas eran troita fario, troita arcoiris, tímalo, cacho e leucisco, cun tamaño mínimo por peza de 20 centímetros.