Alawa Surfcamp promove un concurso escolar de murais no CPI Atios

O traballo gañador recibirá como premio un curso de surf gratuíto

Valdoviño, 16 de febreiro do 2023. No marco do programa de fomento do deporte ligado á concesión das licenzas de actividade para as escolas de surf, Alawa Surfcamp vén de activar un concurso de murais dirixido ao alumnado a partir de 8 anos do CPI Atios. A temática dos traballos versará sobre «Valdoviño, surf e praias», tamaño A4 ou A3 e liberdade creativa en canto á técnica, segundo recollen as bases elaboradas pola escola. 

Nenos/as e mozos/as que desexen participar poderán entregar os traballos aos docentes do centro, e estes farannos chegar a Alawa. Iso si, o prazo remata o 3 de marzo. O equipo da escola, xunto ao técnico de Deportes, integrará o xurado que decidirá a proposta gañadora. O seu premio será un curso de surf -5 clases- gratuíto, que recibirá o/a alumno/a nunha data a definir por este no mes de xullo ou agosto.