Alawa Surfcamp promove na praia de Pantín unha xornada gratuíta de iniciación ao surf dirixida a nenos e mozos de Valdoviño
Con prazas limitadas, abre inscrición nos tlf 646 790 554 e 609 831 557
Valdoviño, 4 de xuño de 2024. Alawa Surfcamp abre inscricións nunha xornada de iniciación ao surf para nenos/as e mozos/as empadroados en Valdoviño. Celebrarase o vindeiro sábado 15 de xuño na praia de Pantín, en horario de 10:00 a 12:00 horas, e a actividade, na que se ofertan 6 prazas, forma parte do programa de promoción do deporte no municipio ligado á concesión de autorizacións de uso das praias por parte das escolas de surf.
A participación é gratuíta, e Alawa Surfcamp porá a disposición dos nenos/as e mozos/as o material preciso para levala a cabo. Iso si, dado que as prazas son limitadas, é preciso inscribirse previamente a través dos teléfonos 646 790 554 ou 609 831 557 e o prazo remata o 14 de xuño -ou unha vez se cubran as prazas-.