Alawa Surf Camp abre inscricións nunha xornada de iniciación para nenos en Pantín

A actividade, gratuíta, celebrarase o sábado 5 de xullo pola mañá

Valdoviño, 19 de xuño do 2025. Alawa Surf Camp participa tamén do programa de fomento do deporte local cunha proposta para os máis pequenos e pequenas. O vindeiro sábado 5 de xullo organizará unha sesión de iniciación ao surf para nenos e nenas de entre 8 e 14 anos -incluídos-. Terá por escenario a praia de Pantín, en horario de mañá, de 10:00 a 12:00 horas, e a participación é gratuíta, facilitándose todos os medios necesarios. Iso si, con prazas limitadas, é preciso inscribirse previamente chamando ao teléfono 646 790 554.

A acción lévase a cabo en colaboración co Concello de Valdoviño, vinculada á autorización de uso das praias na localidade.