Adxudicadas as obras de renovación da cuberta no polideportivo de Meirás por importe de 62.000 euros
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación á empresa Cubiertas de Pizarra SL cun prazo de execución de tres meses
Nas próximas semanas darán comezo as obras de renovación da cuberta no polideportivo de Meirás. No día de onte, a Xunta de Goberno Local aprobaba a adxudicación á empresa Cubiertas de Pizarra Galicia SL cun orzamento de 62.302,90 euros e un prazo de execución de 3 meses. Concluía así o proceso de licitación das obras, ao que concorreron ata 11 empresas.
Deste xeito, a intervención financiarase con cargo ao POS+2019 e permitirá dar resposta ás deficiencias detectadas na infraestrutura, especialmente en relación ao estado do panel sándwich e ás placas de policarbonato, así como á corrosión detectada en elementos de anclaxe e fixación.
Para remediar a problemática, a actuación contempla a substitución dunha partedo material de cubrición nunha das augas que conforman a cuberta e a colocación de pezas de remate perimetrais e substitución do canalón.