A surfista gala Tya Zebro Zebrowski, de só 13 anos, fai historia no Pantín Classic

O luso Afonso Antunes impúxose na final masculina

Valdoviño, 31 de agosto do 2024. 24 horas do inicialmente previsto, o Abanca Pantín Classic Galicia Pro, única proba do circuíto mundial WSL que se disputa en España proclamaba aos seus gañadores. E un nome acaparaba todos os titulares. A vitoria feminina foi para a francesa Tya Zebrowski, que con só 13 anos lidera a clasificación europea, e hoxe facía historia no Pantín Classic, converténdose na campioa máis nova da historia da competición.

Acompañouna no podio o novo surfeiro de Caparica (Lisboa), Afonso Antunes, de 21 anos, vencedor na final masculina que logrou espremer unha onda para impoñerse case ao final ao francés Jorgann Couzinet, un dos veteranos na proba con 30 anos.

Ambos recibiron o seu premio a última hora da tarde de mans do conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e do alcalde de Valdoviño, Alberto González, xunto ao deputado provincial, Antonio Leiro e representantes dos patrocinadores como peche á competición deportiva, que rematou cun concerto de Mario Azurza e FUAH.

A última xornada de competición ao máximo nivel na 37º edición do Abanca Pantín Classic Galicia Pro arrincou Na mañá do sábado pouco despois das 10:30 horas cos cuartos de final das mozas e pechouse nove horas despois, pasadas as 18:30 horas coas dúas finais: masculina e feminina.

O mar de Pantín non ofreceu esta tarde a súa versión máis potente con poucas ondas, pequenas e sen forza que non lles permitiron desenvolver todo o seu potencial, aínda que, foron subindo en calidade a medida que se aproximaban as finais.

A pesar da súa mocidade, Zebrowski foi unha das grandes revelacións do campionato co seu despregamento de talento ao impoñerse na final á alemá Noah Klapp, que fora unha das competidoras máis sólidas en cada manga desde o inicio do campionato.

Pola súa banda, a Afonso Antunes unha onda case no último momento, puntuada cun 8, serviulle para superar ao francés Jorgann Couzinet por 0,17 puntos de diferenza e proclamarse gañador. O premio á mellor onda foi mellor onda do Pantin 2024 foi para Couzinet e Camila Kemp.

A 37 edición do Abanca Pantin Classic Galicia Pro pecha as súas portas este domingo- xa sen competición- superando amplamente o nivel de asistencia do 2023.