Actuación da Agrupación Artística Ferrolana Bohemios o venres 11 en Valdoviño
As invitacións para asistir ao concerto poden retirarse na Casa da Cultura luns, mércores, xoves e venres en horario de 11 a 14 horas
O auditorio da Casa da Cultura acollerá o venres 11 de decembro a actuación da Agrupación Artística Ferrolana Bohemios. Unha actuación que dará comezo ás 20,30 horas e na que o Nadal estará moi presente no repertorio.
Así, as persoas interesadas en asistir ao concerto, incluído na Rede Cultural da Deputación, poderán retirar as súas invitacións o luns 7, mércores 9, xoves 10 e venres 11 na Casa da Cultura en horario de 11 a 14 horas (ou ata esgotar prazas, moi limitadas polos aforos impostos polos protocolos de prevención fronte á covid-19).
Comentarios