Acondicionamento do camiño de acceso ao núcleo de Outeiro, en Lago, con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Rurais de Agader

A intervención realizouse ao longo dun quilómetro

Valdoviño, 1 de agosto do 2024. Cun investimento cercano aos 68.000 euros, o Concello de Valdoviño levou a cabo as obras de acondicionamento do camiño de acceso ao núcleo de Outeiro, dende a estrada autonómica AC-116, na parroquia de Lago. Tralo proceso aberto para a contratación das obras, a Administración local adxudicaba a actuación á empresa Mantiñán, e a intervención levouse a cabo ao longo de algo máis dun quilómetro de vial, con intenso tráfico de vehículos agrícolas e turismos, ao tratarse dun vial de acceso á praia.

A actuación financiouse cos fondos do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 de Agader, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC.