Aberto o rexistro de asistentes para o Abanca Pantín Classic Galicia PRO 2021

As persoas que desexen asistir deberán completar un rexistro previo

Pantín volverá a ser o punto de encontro do mellor surf internacional para o evento do Qualifying Series de la World Surf League, o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021.

Un ano máis, o evento será referente non só no deporte, senón tamén en seguridade. Xa para o desenvolvemento da edición anterior establecéronse protocolos específicos de actuación para asegurar a seguridade de asistentes, competidores e traballadores da cita, medidas que se adoptarán tamén para esta, a súa 34 edición.

Así, cada persona que desexe asistir e acceder ao recinto deberá rexistrarse primeiro complementando un formulario dispoñible na web oficial (www.classicsurfpro.com). Completado este trámite, recibirá un código QR que deberá presentar á entrada no móbil ou impreso. Este código servirá para todos os días de competición, do 26 de xuño ao 4 de xullo, sempre que o aforo establecido non esté xa completo.