Aberto o prazo para solicitar autorización para as luminarias de San Xoán e San Pedro

Deben comunicarse no teléfono 981 48 70 41 extensión 1

Con motivo de San Xoán e San Pedro, dada a situación sanitaria na que nos atopamos e co obxecto de manter as tradicións e á súa vez cumprir coas medidas de control e protección derivadas da pandemia, poderán realizarse fogueiras de carácter tradicional nos espazos privados dos núcleos rurais e urbanos, previa declaración responsable, e seguindo unha serie de recomendacións. As solicitudes deben cursarse a través do 981 48 70 41 extensión 1 antes do 23 de xuño ás 11 horas para a festividade de San Xoán e do 25 de xuño ás 12 h para San Pedro.

É preciso cumprir coas seguintes precaucións : 

-O aforo, medidas de distanciamento e control en cada lugar autorizado deberá de cumprir o establecido polas autoridades sanitarias en materia de prevención da covid

-Coma precaución, deberá de manter unha distancia de seguridade de 25 metros de vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos, e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas. Non se poden queimar residuos perigosos ou tóxicos. A altura máxima da fogueira será de 2 m

-Previamente ao seu inicio, deberá facerse unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa axeitada rodeando o perímetro da luminaria. E disporase do material e medios suficientes para o seu debido control

-Non se poderá realizar a luminaria cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, sobre todo polo vento, ou se a Consellería de Medio Rural suspendera as queimas nesa xornada

-Non se poderá abandonar o lugar da fogueira mentras non estea totalmente extinguido 

Por outra banda, prohíbense as fogueiras en calquer espazo público e en espazos privados de uso público -parcelas vencelladas a negocios de hostalería, asociacións…-.