Aberto o prazo de solicitude para as axudas ás comisións de festas patronais e populares

A partida ascende a 9.000 euros e o prazo estará aberto ata o 8 de marzo

Valdoviño, 27 de febreiro do 2023. Coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o Concello de Valdoviño abre o prazo de presentación de solicitudes para as axudas destinadas ás comisións de festas patronais e populares celebradas durante o ano 2022. O trámite poderá formalizarse ata o 8 de marzo a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal da casa consistorial. 

Esta línea de axudas está promovida pola Deputación Provincial da Coruña no marco do programa PEL-Concellos OV (Programa de Axudas ao Sector de Orquestras e Eventos), e dirixidas ás administracións locais, que teñen a opción de destinar os fondos á organización propia de actuacións ou ás comisións organizadoras como é o caso. Destinarase así unha partida de 9.000 euros, e as bases da convocatoria poden consultarse na web municipal e taboleiro de anuncios.

BASES GALEGO

BASES CASTELLANO