Aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar á praza de técnico/a deportivo/a
É de 20 días naturais contados a partir de hoxe, 23 de xuño
O Concello de Valdoviño vén de convocar a praza de técnico/a deportivo/a. Incluída na Oferta de Emprego Público (OPE) para este 2021, publicaba onte o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, abrindo así o prazo de presentación de solicitudes para optar á mesma. Será por espazo de 20 días naturais contados a partir de hoxe, 23 de xuño.
O sistema selectivo para a cobertura desta praza de persoal funcionario será o concurso-oposición, e con ela o Concello busca dar estabilidade a un posto que cada ano se convoca en función da liña de subvencións que promove a Deputación para a contratación. Achegas que, en todo caso, non serán incompatibles coa cobertura da praza, e que axudarán a financiala.
As bases poden consultarse no seguinte enlace: https://cutt.ly/KnXz2zZ
E o anuncio no BOE, aquí: https://cutt.ly/kn84jP4