Abertas inscricións nunha nova edición dos cursos gratuítos de competencias dixitais para mulleres desempregadas

Celebraranse tres accións formativas entre os meses de abril e xuño

Valdoviño, 4 de abril do 2023. O Concello de Valdoviño volverá a acoller entre os meses de abril e xuño novas accións formativas gratuítas en material dixital do programa «Muller Rural». Celebraranse tres cursos, dirixidos a mulleres desempregadas de entre 18 e 65 anos. O primeiro, sobre competencias dixitais básicas, entre o 17 de abril e o 3 de maio; o segundo, sobre competencias dixitais avanzadas, do 11 ao 26 de maio, e o terceiro, sobre competencias dixitais básicas para o emprendemento, do 5 ao 20 de xuño. En todos os casos, en horario de mañá. 

As mulleres interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través dos teléfonos 881 820 345 e 621 180 897 ou do correo info@mullerdixital.gal. Con acreditación oficial, as participantes na formación recibirán ao remate unha tablet.

O programa, que promove a UTE Muller Dixital en toda a provincia, conta con financiamento dos fondos europeos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado.