Aberta a inscrición no curso de verán de tiro con arco que organiza o Concello

Estará guiado polo Club Arco A Frouxeira, para nenos/as e persoas adultas, e celebrarase do 8 de agosto ó 7 de setembro no Longoiro

Valdoviño, 3 de agosto de 2022. O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que o Concello de Valdoviño organizará un curso de tiro con arco no marco da programación deportiva de verán OcioSol. Trátase de dar continuidade ás clases que se celebran durante o ano, dada a demanda rexistrada, e abrilas á cidadanía en xeral. O Club Arco A Frouxeira será o encargado un ano máis de guialas, e están dirixidas a nenos e nenas a partir de 9 anos e persoas adultas. Do 8 de agosto ó 7 de setembro, celebraranse no pavillón municipal do Longoiro, os luns, mércores e venres de 10:30 a 12:30 horas. 

A inscrición está aberta e é preciso enviar un correo ao enderezo deportes@concellodevaldovino.com. O prazo péchase o 8 de agosto, e o custe da actividade é de 26,53 euros para persoas adultas e de 22,11 euros para os/as menores de idade.