Aberta a inscrición nas II Xornadas de Pesca Infantil Concello de Valdoviño

Guiadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo, celebraranse na praia de Vilarrube, con participación gratuíta, o vindeiro 18 de xuño

Valdoviño, 3 de maio de 2022. O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, reedita a súa aposta polas Xornadas de Pesca Infantil, e avanza a súa celebración para o 18 de xuño. Guiadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo, volverán a ter a praia de Vilarrube como escenario, en horario de 18 a 21:30 h (sobre as 17 h, prevese a concentración dos nenos e nenas participantes no café-bar La Explanada). 

Están dirixidas a rapaces e rapazas menores de 18 anos e a participación é gratuíta. A partir de hoxe ábrese a inscrición, que pode formalizarse no departamento municipal de Deportes (primeira planta da casa consistorial, de luns a venres de 9 a 14 h) ou a través do email rodaballoferrol@gmail.com.