Aberta a inscrición na cuarta edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño
Celebrarase no pavillón municipal do Longoiro do 1 ao 4 de abril
O alcalde, Alberto González, anunciou esta mañá a celebración da cuarta edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño. Será no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, do 1 ao 4 de abril, e o prazo de inscrición para tomar parte na competición ábrese hoxe no teléfono 696 84 45 53 (ata o vindeiro martes 30 de marzo).
Segundo explicou o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, está aberto ás categorías prebenxamín, infantil, cadete e absoluta (individual e dobres), e non haberá cuota de inscrición. En función dos/as deportistas anotados/as, elaborarase o calendario e informarase previamente dos cadros e emparellamentos.
A competición, en cuxa organización participa activamente a escola de tenis Justo al Revés, rexirase en todo caso baixo un estrito protocolo de prevención fronte á covid-19.
Por último, sinalar que haberá trofeo para o campión e subcampión de cada categoría.