A zona azul gratuíta na Porta do Sol volve a entrar en vigor a partir de mañá
A partir deste sábado, 1 de agosto, recupérase a vixencia da zona azul gratuíta na contorna da Porta do Sol. Unha vixencia que quedara suspendida durante o estado de alarma sanitaria imposta pola COVID-19.
A zona azul permite o estacionamento un máximo de hora e media de luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, namentras que os sábados a súa vixencia redúcese ás mañás –de 10 a 14 horas-. O seu obxectivo é mellorar a mobilidade na zona do centro urbano, onde hai un tráfico intenso polo emprazamento de diferentes superficies comerciais, negocios de hostelería e tamén despachos profesionais.
Comentarios