A Xunta emite a Declaración de Impacto Ambiental favorable da modificación do Parque eólico Novo
A resolución está condicionada á adopción das medidas correctoras adicionais para minimizas as afeccións
Valdoviño, 21 de marzo do 2023.O proxecto de modificación substancial por renovación tecnolóxica do Parque eólico Novo vén de obter a Declaración de Impacto Ambiental (DÍA) positiva da Consellería de Medio Ambiente. A resolución é favorable, se ben está condicionada ao cumprimento dunha serie de melloras destinadas a minimizar os impactos derivados das obras.
O modificación impulsada por Naturgy Renovables S.L.U. suporía a desmontaxe e desmantelamento dos 25 muíños instalados na actualidade, e a súa substitución por seis unidades 6 aeroxeradores máis modernos, eficientes e de maior envergadura e potencia unitaria, e a súa infraestrutura asociada. Manteríase a potencia total de 18,75 MW.
A resolución do 7 de marzo informa de que o proxecto “é ambientalmente viable” sempre e cando se cumpran as medidas correctoras recollidas no estudo de impacto ambiental e na DIA, que atende a petición de novas esixencias formuladas pola Dirección Xeral de Patrimonio e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural ou o propio Concello de Valdoviño, destinadas a minguar ao máximo as posibles afectacións das obras no patrimonio e no medio natural e, na medida das posibilidades, favorecer a integración paisaxística. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental poderá ditar “os condicionados adicionais que resulten oportunos” no caso de manifestarse “impactos non considerados ata o momento”.
O documento recolle asemade o compromiso de utilizar un 53 % das superficies ocupadas por infraestruturas do parque actual, entre elas once plataformas de montaxe- unha das reclamacións municipais- ou a disposición a ceder ao Concello “determinados compoñentes dos aeroxeradores para reutilizar noutros usos públicos”.
A Xunta de Galicia declaraba en agosto do 2021 a repotenciación do proxecto do parque eólico Novo nos concellos de Narón, San Sadurniño e Valdoviño como iniciativa empresarial prioritaria, o que permite a súa tramitación exprés.