A veciñanza, autora un ano máis do calendario municipal 2024, poderá recoller o seu exemplar na casa consistorial e casa da cultura
Trala súa presentación esta tarde-noite, o almanaque estará dispoñible nas instalacións municipais a partir do vindeiro martes 26 de decembro
Valdoviño, 22 de decembro de 2023. Trala súa presentación esta tarde-noite na casa da cultura, o calendario municipal 2024 do Concello de Valdoviño estará a disposición dos veciños e veciñas a partir do próximo martes, que poderán retiralo tanto na casa consistorial como na casa da cultura. Así mesmo, e como é tradición, o alcalde, Alberto González, sinala que tamén se porán a disposición das entidades e asociacións do municipio para que realicen o reparto entre os seus socios e socias.
O Concello imprimía 3.000 exemplares do almanaque, ilustrado un ano máis coas imaxes das paisaxes tomadas polos veciños e veciñas, e seleccionadas entre as preto de 200 presentadas ao concurso aberto pola Concellería de Cultura.
Os autores e autoras destas son: Silvia Rañal Nodar, Nicolás Cociña Miragaya, Germán Caneiro, José Ángel Fernández Díaz, Laura López González, Noelia Uceira Vilar, Berta Gutiérrez González, Fernando González Pérez, Chiqui Lorenzo García, José Carlos Yáñez Veiga, María Isabel Rapela Fernández, Andrés Manuel Díaz Prieto, Juana María de Santiago Díaz, Ángeles Rodríguez Álvarez, María Jesús Caamaño Vilela e Sabela Gómez Santalla.
CONCURSO DECORACIÓN NADAL
Así mesmo, no transcurso do acto de presentación, o Concello tamén facía entrega dos premios aos negocios e veciños/as gañadores/as do III Concurso de Decoración de Nadal. Na modalidade de tecido empresarial, Floristería Luz recibía o galardón nas categorías exterior e interior de local, e Despeluxada Peluquería na de escaparate. Na modalidade veciñal, María Victoria Hermida Fernández lograba as distincións na categoría balcón, porta ou fiestra e na de xardíns, e Irene Casal Castro na de fachada ou peche exterior.