A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase a Lago e Vilaboa no mes de marzo

As persoas interesadas nas revisións deberán solicitar cita previa

Valdoviño, 22 de febreiro do 2023. Unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase ao Concello de Valdoviño no mes de marzo para facilitar as revisións deste tipo de vehículos. En concreto, a unidade estará o venres 24 de marzo de 9:00 a 13:30 horas na contorna da cooperativa de Lago e o luns 27 de marzo de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas nas inmediacións da estación de servizo da cooperativa de Vilaboa.

 Así, as persoas interesadas en acceder ao servizo deberán solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. O prazo ábrese un mes antes da data fixada para as revisións. Isto é, o 24 de febreiro para Lago e o 27 de febreiro para Vilaboa.