A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase o próximo mes a Lago e Vilaboa
As persoas interesadas nas revisións deben solicitar cita previa
Valdoviño, 8 de novembro de 2021. Unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase ao Concello de Valdoviño a primeiros do mes de decembro para facilitar as revisións deste tipo de vehículos. Así, as persoas interesadas deben solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00.
Deste xeito, a unidade estará o 1 de decembro na explanada da cooperativa de Lago en horario de 9 a 13,30 h, e o 2 de decembro na explanada da estación de servizo de Vilaboa, en horario de 9 a 13,30 e de 15,15 a 18 horas.
Comentarios