A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase a Lago e Vilaboa o próximo mes
As persoas interesadas nas revisións poderán solicitar cita previa a partires da próxima semana no 902 30 90 00 ou web www.sycitv.com
A Unidade Móbil 3 de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase ao Concello de Valdoviño o próximo mes para facilitar as revisións deste tipo de vehículos. Estará nas inmediacións da cooperativa de Lago o 17 de decembro e, ao día seguinte, na explanada da igrexa de Vilaboa. Así, segundo explicou o alcalde, Alberto González, as veciñas e veciños interesados neste servizo poderán solicitalo a partir do próximo martes 17 de novembro a través do teléfono 902 30 90 00 ou da web www.sycitv.com. Así mesmo, a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
Nesta liña, o equipo de goberno realizaba nas últimas semanas as xestións necesarias ante a Delegación do Goberno para tentar axilizar os desprazamentos. Xestións que responderon ás demandas trasladadas por veciños propietarios deste tipo de vehículos. De feito, o servizo móbil tiña xa confirmadas inspeccións no mes de marzo pero, ao decretarse o estado de alarma, quedaron aprazadas. Unha revisión moi necesaria para os titulares dos vehículos xa que, na maioría dos casos, constitúen para eles unha ferramenta imprescindible de traballo.