A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase a Lago e Vilaboa en maio

As persoas interesadas nas revisións deben solicitar cita previa

Unha unidade móbil da Inspección Técnica de  Vehículos Agrícolas desplazarase ao Concello de Valdoviño a primeiros do mes de maio para facilitar as revisións deste tipo de vehículos. Así, as persoas interesadas deben solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00.

Deste xeito, a unidade estará o 3 de maio na explanada da cooperativa de Lago e o 4 de maio na explanada da estación de servizo de Vilaboa. O horario será de 9 a 13,30 e de 15,15 a 18 horas.

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á  posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.