A unidade móbil de doazón de sangue trasládase venres e sábado a Valdoviño

Situarase na Porta do Sol, diante da casa consistorial

Valdoviño, 7 de setembro. O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este venres e sábado. Estará diante da casa do Concello de 16 a 21 h o venres día 10 de setembro, e de 10 a 15 h o sábado 11. 

Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.