A unidade móbil de doazón de sangue trasládase o próximo martes a Valdoviño

Permanecerá diante da casa do Concello de 10 a 14 e de 16 a 21 h

O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio o próximo martes, 27 de abril. Estará diante da casa do Concello de 10 a 14 e de 16 a 21 horas. Así mesmo, recoméndase solicitar cita previa para doar no teléfono gratuíto 900 100 828.

Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.