A unidade móbil de doazón de sangue trasládase o próximo luns a Valdoviño
Estará situada diante da Casa Consistorial en horario de mañá e de tarde
O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio o próximo luns, 24 de agosto. Estará diante da casa consistorial en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 horas. Para maior seguridade, pide cita previa para doar no teléfono 900 100 828.
Calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH,hepatite B ou C…) pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar os seus problemas de saúde e mesmo salvar vidas.
Comentarios