A unidade móbil de doazón de sangue trasládase este mércores a Valdoviño

Permanecerá diante da casa consistorial de 10 a 14 e de 16 a 21 horas

Valdoviño, 7 de outubro do 2024. O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este mércores 9 de outubro. Permanecerá diante da casa consistorial en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 h, e de tarde, de 16:00 a 21:00 horas.

Calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.