A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro luns en Meirás

Permanecerá diante da cooperativa entre as 16:00 e as 21:00 horas

Valdoviño, 27 de marzo de 2024. O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio o vindeiro luns 1 de abril. Estará diante da cooperativa de Meirás de 16:00 a 21:00 horas.

Calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.